Wiki A dobraxe en galego
Advertisement

Ficha Actor de Dobraxe

Ficha adobraxe.com - Dobraxe

Nome completo: Juan Rodríguez-Guisán Ficha en castelán
Juan Rodríguez Guisan foto.jpg
Estado profesional: Na memoria
Tipo e idade de voz:
Ano de debut:
Primeiro papel en dobraxe:
Cidade de traballo habitual: A Coruña / Sevilla (un tempo)
Idiomas: Galego, Castelán
Aptitudes: Dobraxe, Animación, Dirección

Multimedia Audio

Mostra de audio 1:
Mostra de audio 2:
Mostra de audio 3:
Mostra de audio 4:

Multimedia Vídeo

Mostra de vídeo 1:
Mostra de vídeo 2:

Voces Habituais en Dobraxe

Voz habitual de: Voz habitual de:
Voz habitual de: Voz habitual de:

Dobraxes destacadas

Outros Datos de Interese

"Pai" da dobraxe galega xunto a María Romero. Naceu en 1931 na Coruña. A principios dos 80 citaba "entre as novas posibilidades que se abrian, o beneficio económico para Galicia e a morriña decidín volver", sobre o seu retorno a Galicia desde Madrid. Convence a uns empresarios madrileños para facer industria da dobraxe en Coruña (e non en Canarias como querían eles). Iniciase coma profesor de dobraxe en galego formando a primeira canteira de actores e actrices de dobraxe de Galicia (o chamado colectivo da escola de actores de dobraxe de galicia) de 45 voces en total e comeza a traballar no 82 no estudio Video Galicia como director e profesor de dobraxe na Coruña. Imparte cursos con Antonio Esquivias no 83.

Nese mesmo estudio grabase no 83 unhas primeiras dobraxes en galego de proba para mostrar á Xunta de Galicia e ao seu presidente, Xerardo Fernández Albor, as cales foron 30 historietas de "O libro gordo de Petete" e un fragmento do capítulo piloto de "Os gozos e as sombras", este último traducido por Marino Dónega (secretario da Real Academia Galega).

En Agosto do 84 presupostase o primeiro capitulo de "Os gozos e as sombras" completo grazas ao apoio da Dirección Xeral de Cultura (entre 5 e 6 millóns de pesetas) e comezase a dobrar en Video Galicia na Coruña. Dobrase apenas unha semana antes das Xornadas de Cine en Galicia no Carballiño devido a que non se dispuxo dunha copia util ata o último momento.

Máis tarde, en 1988 faría o mesmo en Andalucía.

No ano 2007, xa retirado, da un curso de dobraxe con Miguel Pernas en Uno TV.

Faleceu o 8 de septembro de 2008 na Coruña.

Antonio Esquivias en 1990 atopábase en Sevilla con moito traballo e faltaban tres episodios por dobrar dunha tempada, polo que grabou en banda os seus takes dende un estudio de alí. Foi dirixido por Juan Rodríguez-Guisán, que tamén se atopaba alí.

Dobraxes relacionadas en adobraxe.com

ACTOR ORIXINAL TÍTULO PERSONAXE ANO DE ESTREA
Takeshi Aono As aventuras de Fly (Dragon Quest) Hadler 1993
Gérard Hernandez As doce probas de Astérix Venerable do cume 1991
Tetsuo Mizutori O doutor Slump e Arale Director da escola (eps. 1-25) 1987

Ficha Director de Dobraxe

Series de televisión

TÍTULO ANO DE ESTREA
Batman (1966) 1990
Os gozos e as sombras 1984

Series de anime

TÍTULO ANO DE ESTREA
O doutor Slump e Arale 1987
Advertisement