FANDOM


Heidi (アルプスの少女ハイジ Arupusu no Shōjo Haiji) é unha serie de anime baseada no relato homónimo de Johanna Spyri. Foi emitida orixinalmente no Xapón por Zuiyo Enterprises no ano 1974, dentro do contedor infantil Calpis Manga Theater (*).thumb|link=

En Galiza estreouse en galego o 5 de abril do 2013 na segunda canle da Televisión de Galicia, a tvG2, dentro do seu contedor Xabarín Club.

(*) Dato confirmado.

DobraxeEditar

Heidi
Heidi titoli
HEIDI
Título: Heidi
Título orixinal: アルプスの少女ハイジ
Ano da dobraxe: Gravouse de setembro a novembro do 2012.
Ano de estrea: 1974
Distribución: Planeta Junior
Xénero: Drama, aventuras
Director de dobraxe: Antón Rubal
Tradutor: Fíxose sobre a versión castelá.
Axustador: Antón Rubal
Estudio de dobraxe: UNO TV.
PERSONAXE ACTOR DE DOBRAXE ACTOR ORIXINAL (**)
Heidi Marián Muíño Selica Torcal / Marisa Marco
Narradora Ana Maciñeiras Maite Santamarina
Pedro Carolina Vázquez Conchita Núñez
Avó Miguel Varela Joaquín Vidriales
Rottenmeier Isabel Vallejo Ana Mª Saizar
Clara Montse Davila Pilar Quintana
Dete Nora Abad Angelina Gatell
Señor Seseman Raúl Dans Diego Martín
Brigida Xermana Carballido Lola Cervantes
Sebastián Xavier Perdiz Francisco Sánchez
Tinette Ana Ouro Mara Alonso
Strall Antón Rubal Javier Martín
MÁIS INFORMACIÓN

A tradución e adaptación ao galego fíxose a partir das traducións casteláns de Margarita Ribes Escolano e de Angelina Gatell Comas. Angelina Gatell foi a directora da dobraxe en castelán en 1975. Confesou anos despois unha "pequena trapallada" que fixo na tradución dun dos nomes dos personaxes. En concreto do nome do can do avó. Na versión xaponesa chamábase "Joseph", e ela negouse en rotundo en traducilo por José. Decidiu chamalo "Néboa". Non dixo a causa dese nome ata anos despois, xa que cando se gravou esa primeira dobraxe foi baixo o goberno de Francisco Franco e de coñecerse de onde proviña o nome de "Néboa" sería detida e encarcerada. O rebautizar ao gran can San Bernardo como "Néboa" foi unha homenaxe secreta que fixo a unha cadela de raza border collie que se atopou Pablo Neruda estando en Madrid nunha noite de néboa a mediados dos anos trinta e decidiu darlle ese nome. A cadeliña tiña unha pata magoada. Antes de regresar a Chile regalou o animal ao poeta Rafael Alberti. Segun contou Alberti, Néboa portouse como un heroína na contenda da Guerra Civil Española aguantando como unha campioa os bombardeos e explosións en Madrid. Alberti e a súa familia decidiron escapar dese inferno tentando escapar a París. Finalmente Néboa foi abatida polo bando franquista preto de Castelló da Plana. Ese é a orixe e o motivo de que unhas cantas xeracións de nenos desde fai máis de corenta anos coñezan ao can de Heidi como "Néboa" e non como "José".

https://perrosconhistoria.com/2015/10/01/niebla-el-recuerdo-de-rafael-alberti/


"Ante a imposibilidade de conseguir o soundtrack xaponés das cancións principais para realizar a versión en galego, xa que a distribuidora alemá Planeta só enviaba o soundtrack alemá, houbo a sorte e a casualidade que un amigo do director da dobraxe tiña os CD's da banda sonora mercados en Xapón.

Grazas a esa banda sonora orixinal pudéronse facer o opening e o ending en galego.

Foi unha sorte, xa que otras comunidades españolas só contaron coa versión alemá. Isto pódese comprobar en youtube.

Os discos foron prestados sen ningún fin lucrativo. Soamente se fixo este favor en detrimento da calidade da dobraxe que esixía a TVG." (*)

(*) Datos proporcionados polo estudio da dobraxe.


(**) A Ineptitude de Planeta foi tal que houbo que facer a dobraxe en galego sobre a dobraxe castelá. Xa que non mandaron os capítulos con audio orixinal xaponés. Por iso é polo que a tvG2 non puido emitir a serie en dual porque non dispuxo do audio orixinal.

CANCIÓNS

  • Apertura 1 (Avoiño, dime tí) - Beatriz García.
  • Peche 1 (Oe xa) - Beatriz García.


Opening Heidi en alta definición (Galego) Alta definición

Opening Heidi en alta definición (Galego) Alta definición

Ending Heidi (Galego) Alta definición

Ending Heidi (Galego) Alta definición

CANCIÓNS DE SOUNDTRACK


Máis información de Heidi nas súas versións xaponesa, castelá e galega:

http://mangaclassics.mboards.com/825112/6751043-la-bso-y-el-doblaje-original-de-heidi/

http://mangaclassics.mboards.com/825112/10948041-se-emitio-el-capitulo-26-de-heidi-en-tve-en-1975-y-otras-anecdotas-de-heidi/

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.